lunes, 23 de noviembre de 2009

O Ártico ameaza con fundirse por primeira vez en 15 millons de anos.


Desde fai 15 millons de anos, o Ártico ten unha cuberta de xeo permanente, máis extensa en inverno e menos en verán, pero sempre presente ao rededor do Polo Norte. Por iso, a perspectiva actual do desxeo completo de ese mar septentrional, dentro de un par de décadas tal vez, debido ao quentamento global do planeta, preocupa aos científicos, alarmados ante un cambio tan drástico e rápido. De feito, o desxeo rexistrado na rexión recentemente é moito máis acentuado que as prediccions máis pesimistas que se viñan facendo: xa se alcanzou unha reducción de cobertura xeada do Ártico que os modelos de proxección climática situaban en torno a 2020.

No hay comentarios:

Publicar un comentario